Unha xornada 'Disney' coa Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
O segundo concerto do Ciclo de Outono da Banda de Música de Pontevedra (BMP) fixo as delicias do público familiar no Teatro Principal.
A BMP ofreceu un recital baseado nas películas de Walt Disney, que marcaron a infancia de pequenos e non tan pequenos durante xeracións.
En todas esas películas, de animación e tamén de imaxe real, a música xogaba un papel fundamental para redondear unhas obras que ademais de entreter tentaban inculcar valores aos máis pequenos e facíanlles soñar.
No Teatro Principal puideron escoitarse temas das bandas sonoras de películas históricas como O Libro da Selva (1967) ou Mary Poppins (1964), de hai dúas décadas como O Rei León (1994) ou Aladdin (1992) e máis actuais, como Piratas do Caribe (2003) e Frozen (2013).
Relacionadas:
-
Unha colaxe folkclórica, punto de partida do ciclo de butaca da BMP
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Volve o ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O país dos instrumentos invade o Teatro Principal da man da Banda de Música
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A BMP viaxa a Musicolandia, o país dos instrumentos
Por Redacción |
-
A Banda de Música de Pontevedra invita a madrugar os domingos
Por Diego Torrado |
-
Concertos os domingos pola mañá, novidade do Ciclo de Outono da BMP
Por Alejandro Espiño |