Concha Velasco 'volve tolo' ao público pontevedrés
Por Diego Torrado
A nova tempada do ciclo Summum Teatro estreouse ao grande este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra, que acolleu a unha das grandes damas do panorama teatral nacional, Concha Velasco.
A veterana actriz representou en Pontevedra Reina Juana, montaxe no que dá vida a un dos personaxes máis fascinantes da historia de España como é Juana de Castela, máis coñecida como 'Juana a Tola'.
Escrita por Ernesto Caballero e dirixida por Gerardo Vera, a obra é un monólogo que presenta a Juana a Tola repasando a súa vida no momento da súa morte.
Tras unha exitosa estrea, Summum Teatro terá a súa segunda cita o día 5 de novembro ás 19:30 horas con Foot-ball, un espectáculo de danza a cargo do coreógrafo Cesc Gelabert.
Relacionadas:
-
Catro estaciones para clausurar o ciclo Summum Teatro
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A paisaxe galega, protagonista nas 'catro estacións' do Centro Coreográfico Galego
Por Redacción |
-
Miriam Díaz Aroca: "Se somos tan boas xestionando as nosas casas, por que non podemos xestionar un país?"
Por Alejandro Espiño |
-
As mellores xogadas do FC Barcelona, a ritmo de danza no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Concha Velasco regresa a Pontevedra convertida en "Reina Juana"
Por Redacción |
-
Quique San Francisco, Concha Velasco, Carlos Latre e Andrés Suárez, en outono no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Summum Teatro volverá en outubro con catro novas funcións e estreará un sistema de abonos
Por Natalia Puga |