Cinema e cómic únense no Curtas Film Fest de Vilagarcía
Por Redacción
A 44 edición de Curtas Filme Fest comezará o vindeiro luns 24 de outubro en Vilagarcía cun programa no que se combina o cinema e o cómic. Este mércores 19 presentouse na Rúa dá Baldosa a edición deste ano coa presenza da concelleira de Cultura, Sonia Outón; o presidente da asociación Filme Fest, Antonio Casto; o director do certame, Luís Rosales e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.
O certame conta co apoio da Deputación con motivo da celebración do Ano Castelao ao ser un dos catro certames audiovisuais de referencia na provincia, que acolle a exposición 'De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego'.
O cómic centra as actividades paralalelas con exposicións, obradoiros e presentación de libros. No marco da programación proxectarase a película 'Miiss Ledya', a primeira curtametraxe de ficción galega, dirixido en 1916 por José Gil e que conta coa participación nun papel secundario do propio Alfonso R. Castelao. A proxección contará con música en directo creada en exclusiva para esta sesión que se celebrará no acto de entrega de premios, prevista para o sábado 29 ás 21.00 horas no Auditorio de Vilagarcía.
Todas as actividades serán de acceso gratuíto.