O 'Presidente' de Celso Parada achégase ao auditorio de Vilagarcía
Por Redacción
A actualidade política ten a súa representación teatral a través do espectáculo 'Presidente', de Teatro do Morcego. Trátase dunha comedia centrada na campaña electoral e nas estratexias que ten que seguir o presidente en funcións para dar a volta aos datos negativos que lle auguran as enquisas e os esforzos que ten que realizar para repetir no cargo.
O actor Celso Parada interpreta ao político, acompañado por outros actores como Mercedes Castro e César Goldi, visita a vivenda dunha familia de clase traballadora, cunha parella á que dá vida Iolanda Muíños e Federico López.
As localidades para asistir a esta función, que se poderá ver no auditorio de Vilagarcía este sábado 16 ás 21.00 horas, pódense adquirir por un prezo de cinco euros a través de ticketea ou do teléfono 902 044 226. Tamén se poden comprar no despacho de billetes do auditorio a partir das 19.00 horas.