Coti ofrece as súas confidencias ao público de Pontevedra
Por Diego Torrado
Numeroso público achegouse na noite deste venres 7 ao Teatro Principal para asistir ao concerto de Coti no que presentaba temas do seu último traballo discográfico, Cercanías e confidencias.
O artista de Rosario non defraudou aos seus seguidores cun recital acústico e íntimo. Como afirma o autor da coñecida Nada fue un error, as súas cancións son como unha confesión ante os espectadores e, desta forma, presentou intimidades e recordos durante esta xira que está a realizar organizada por Cadena 100.
O solista interpretou os seus temas máis queridos, pero tamén os máis coñecidos do seu repertorio.