Unha reflexión sobre a prostitución en ton de comedia
Por Diego Torrado
Unha reflexión sobre a prostitución ambientada no Xibraltar dos anos setenta é o que ofreceu a obra de teatro Gibraltareña, que este xoves inaugurou a tempada teatral de Afundación en Pontevedra.
Gibraltareña está protagonizada por Elisa Matilla. A actriz encarna a historia dunha muller que, sen propoñerllo nin darse apenas conta, comeza a exercer a prostitución , un oficio que desenvolve con moita dignidade e poñendo a alma nelo.
Ela pensa que cada servizo non é só un acto de sexo, senón de amor, ese amor que ela perdeu pero que non desiste en buscalo cos seus clientes.
As vivencias deste personaxe encheron de tenrura e humor ao público pontevedrés.
A vida de Lola a Xibraltareña é un mosaico de historias cheas de luz, de sorrisos, gargalladas, música e mesmo de sabedoría.
Relacionadas:
-
Rafael Álvarez "El Brujo", Els Joglars e María Adánez na nova tempada teatral de Afundación
Por Oskar Viéitez |
-
A surrealista comedia "Milagro en casa de los López", broche de ouro á tempada teatral de Afundación
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Elisa Matilla: "Gústame moito actuar en Pontevedra porque o público sempre responde moi ben"
Por Alejandro Espiño |
-
"Gibraltareña" con Elisa Matilla abre a tempada de teatro de Afundación en Pontevedra
Por Redacción |
-
Afundación porá á venda os seus abonos da tempada teatral de outono o 21 de xullo
Por Redacción |