A ópera "Otello", do Teatro Real ao Grove
Por Redacción
A Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey toma o relevo da Praza de Arriba nas retransmisións en directo da ópera.
Logo de que durante o verán veciños e visitantes puideran desfrutar de "Il Puritani", nesta ocasión será "Otello" de Giuseppe Verdi quen se achegará ao Grove en rigoroso directo dende o Teatro Real de Madrid.
A Ópera dará comezo o sábado 24 de setembro ás 20.00 horas e a entrada é libre ata completar aforo.
Trátase dunha ocasión única de poder asistir a un espectáculo de primeiro nivel que se ofrecerá a múltiples lugares dentro e fóra de España.