Marín bótase á rúa para lembrar a John Balan
Por Cristina Saiz
A quinta edición do Festival Son de Marín encheu de música as prazas e rúas da vila durante toda a xornada do sábado.
O público respondeu acudindo en gran número ás diversas actuacións previstas.
O festival, concibido como unha homenaxe ao artista John Balan, contou cun total de 14 actuacións.
As actividades comezaron ás 10:00 horas cun pasarrúas e terminaron cara á medianoite co concerto de Dani Royo&VersiónBand no Parque Eguren. Antes, ás 20:00 horas, celebrouse un acto de recordo ao coñecido artista de Seixo, falecido hai uns anos.