Nélida Piñón visitará Cotobade para presentar o Premio de Relato Breve
Por Redacción
Cotobade acollerá a presentación do Premio de Relato Breve Nélida Piñon o próximo 30 de setembro coa presenza da escritora brasileira de orixe galega que dá nome a este certame literario.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde e a concelleira de Promoción Económica de Cotobade, Jorge Cubela e María Pichel e o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal reuníronse para acordar a posta en marcha desta segunda edición.
O Premio de Relato Breve Nélida Piñón naceu o pasado ano 2015 co obxectivo de fomentar a creación literaria en lingua galega, ao mesmo tempo que se homenaxea á escritoria brasileira, que se converteu nunha referencia imprescindible da literatura universal.