Cultura no Camiño trae ao Grove "A peregrinaxe da vangarda"
Por Redacción
O Concello do Grove, grazas á colaboración do programa da Xunta de Galicia "Cultura no Camiño" en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), presenta este venres na praza do Corgo un espectáculo de danza e música da compañía Fusionarte. Trátase da montaxe "A peregrinaxe da vangarda" con música a cargo de Álvaro Muras, expresión corporal de Mari Ah! e audiovisuais de Ángeles García.
Segundo describen os autores o espectáculo marca o camiño dunha confluencia artística que "nos leva a una experiencia extrasensorial difícil de esquecer por medio da danza, a música e os audiovisuais. Unha sinerxia de expresións peregrinando cara a avangarda". Como fío argumental un músico atopa unha chave que será a que abra a porta para comezar o camiño.
No traxecto coñece a unha bailarina que busca novas fontes de inspiración e xuntos percorrerán o camiño no que se presenta novas personaxes e novas historias.
A actuación comezará ás 20.00 horas na Praza do Corgo.