Portas prepárase para a risa con 'Dous son parella'
Por Redacción
Monólogos e sketchs sobre as relacións de parella arrincarán as risas do público que asista o vindeiro domingo 4 de setembro ao auditorio de Portas a partir das 20.00 horas á representación do espectáculo teatral de Acontrabutaca titulado Dous son parella.
Os actores Celso Fernández Sanmartín e o habitual colaborador en distintos programas da TVG, 'Isi', son os encargados de ofrecer esta montaxe Celso Fernández é contacontos e Premio ao Mellor Actor no último Festival de Teatro Galego do Carballiño. 'Isi' foi gañador do programa 'O rei da comedia' da TVG e colabora con moito humor en programas como A Solaina, Land Rober ou Luar.
As entradas anticipadas pódense adquirir na Casa da Cultura de Portas por importe de 3 euros.