The Lakazáns, Siniestro Total, Terbutalina e Tractor Troy líana en Combarro
Por Diego Torrado
As bandas The Lakazans, Siniestro Total, Terbutalina e Tractor Troy subiron este venres ao escenario do Armadiña Rock.
O rock seguirá soando este sábado na Praza da Chousa.
Mentres en Combarro a oferta festiva continúa coa XXI Concentración de embarcacións tradicionais. As primeiras embarcacións comezan a chegar a partir das 17 horas coa oferta de visitas guiadas.
Por suposto, a Festa do Mar inclúe a carpa gastronómica coa súa ampla oferta de pratos e mariscos a partir das 13 horas pola mañá e das 19.30 en horario de ceas.
Tamén hoxe esta programado un espectáculo de humor e clown para os máis pequenos no Eirado da Rúa e xa pola noite, ás 21.30 horas, inaugúrase a cuarta mostra de canción mariñeira que amenizará as ceas da carpa gastronómica.
Relacionadas:
-
Herdeiros da Crus, entre as primeiras confirmacións do Armadiña Rock 2017
Por Redacción |
-
Tractor Troy presenta "Muy Postre", o seu segundo disco, cun concerto na Sala Karma
Por Alejandro Espiño |
-
O Armadiña Rock xerou uns ingresos en Poio de 1,2 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Poio defende a xestión "totalmente transparente" da súa Festa do Mar
Por Redacción |
-
Máis de 35.000 persoas pasaron pola carpa da XVI Festa do Mar
Por Redacción |
-
Aínda queda festa en Combarro
Por Diego Torrado |
-
Combarro levanta o pano da edición máis económica da Festa do Mar
Por Redacción |
-
Baixada de prezos para "a mellor" edición da Festa do Mar
Por Diego Espiño |