As entradas para o FICBUEU sairán á venda este luns 29
Por Redacción
Os abonos para a sección Competición do noveno Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu sairán á venda o vindeiro luns 29 de agosto na web do FICBUEU. O prezo das catro sesións deste apartado terán un prezo de 6 euros, mentres que as entradas para cada sesión será de 2 euros por día.
Poderase realizar a compra online do bono de catro xornadas ata o 10 de setembro, para o pase das 20.00 horas ou para o das 22.00 horas. Proxectaranse 20 curtos a concurso entre o luns 12 e o xoves 15 de setembro Con este abono regalarase tamén o catálogo do evento. O abono "plus" tamén se pode adquirir ao prezo de 15 euros e inclúe tamén unha camiseta e unha chapa do FICBUEU 2016.
A partir do día 10, cando comece o festival, os abonos haberá que cambialos pola pulseira de acceso no despacho de billetes que se instalará no Centro Social do Mar. Desde entón xa non se poderá comprar o bono online, só presencialmente. Nesta data tamén sairán á venda as entradas diarias, na páxina web e no despacho de billetes.
As proxeccións das sete seccións paralelas do festival, que sumarán preto de 50 curtas, serán gratuítas, do mesmo xeito que o resto de actividades como conferencias, obradoiros ou roteiros.
Relacionadas:
-
Cinema galego para dar a benvida a un novo FICBUEU
Por Redacción |
-
O FICBueu agarda "manter a maxia" do seu comezo nunha ambiciosa novena edición
Por Alejandro Espiño |
-
Ademais de cine, o FICBUEU ofrece rutas de sendeirismo, de navegación e gastronómicas
Por Redacción |
-
Abre a inscrición para o obradoiro sobre a realización de curtametraxes do FICBUEU
Por Redacción |
-
O voluntariado ten unha cita co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Por Redacción |