Tres artistas amosan as súas 'Diverxencias' en Bueu
Por Redacción
A sala Domínguez Búa acolle desde o 29 de agosto ao 4 de setembro unha nova exposición con obras dos pintores Manuel Cerviño e Chus Vázquez e do escultor Henrique Prado, que levan anos expoñendo xuntos. Esta mostra, de temáticas e enfoques diferentes leva por título 'Diverxencias' e os espectadores podran ver ao redor de sete obras de cada un dos artistas.
O cangués Henrique Prado céntrase na escultura figurativa e abstracta, propoñendo nesta exposición unha homenaxe ás xentes e aos concellos marítimos, a esa dureza das fábricas e da pesca, baixo o lema de "Conserva a vida". Manuel Cerviño destaca na pintura paisaxística e nos cadros mariñeiros. Chus Vázquez ofrece unha pintora de cadros surrealistas e críticos.
O horario para poder ver esta exposición é de luns a xoves de 10.30 a 14.30 e de 17.00 a 20.00 horas; o venres, de 10.30 a 21.00 horas; e durante o fin de semana de 10.00 a 21.00 horas.