Castelao será un dos referentes do curso internacional de cerámica no CIFP A Xunqueira
Por Cristina Saiz
Con motivo do ano Castelao, o curso internacional de Cerámica Contemporánea que se iniciaba este luns 22 no CIFP A Xunqueira centrarase na figura do intelectual galeguista.
Nesta décimo oitava edición participarán o artista Camilo Camaño e Rosa de Arcos, neta de Alfonso Arcos, o home que puxo en marcha o Barbeiro Municipal en Rianxo acompañando a Alfonso Rodríguez Castelao.
O curso contará tamén coa clases do toledano Gregorio Peño e da israelita Simcha Even-Chen, investigadora titular da Facultade de Medicina da Universidade Hebrea de Xerusalén e ceramista desde 1996 con exposicións internacionais.
Este curso desenvolverase ata o 27 de agosto coa colaboración da Casa Azul e Arxilarte Taller de cerámica de Pontevedra, ademais da Deputación Provincial.