Ponte Caldelas acolle a presentación do audiolibro 'Os soños na gaiola'
Por Redacción
A Casa da Cultura de Ponte Caldelas acollerá este martes 23 ás 20.30 horas a presentación do audiolibro 'Os soños na gaiola', co que o cantautor caldelán Suso Vaamonde evidenciaba a súa admiración polo poeta Manuel María xa no ano 1978. Un traballo que a crítica considera como o primeiro disco en galego para a infancia.
O audiolibro foi reeditado este ano, coincidindo coa dedicatoria do Día dás Letras Galegas ao poeta de Outeiro de Rei.
A esta presentación asistirán Mini e Mero, fundadores de Fuxan vos Ventos.
Ás 19.00 horas, o colexio Manuel Cordo Boullosa acollerá o cabaret infantil Prodixio para representar 'As irmáns prodixio'. Finalmente, ás 22.00 horas, representarase a obra teatral 'O día do pai', unha comedia de Malasombra Producións recomendada para maiores de 16 anos.