Homenaxe póstuma ao gaiteiro Ricardo Portela no Verán Cultural
Por Redacción
O Concello de Cotobade renderá este venres 19 de agosto homenaxe, a título póstumo, ao recoñecido gaiteiro Ricardo Portela, falecido no ano 92.
Farao no marco da programación do Verán Cultural, que organizou ata 23 actuacións do 11 ao 22 de agosto.
A homenaxe consistirá nun pequeno desfile polo lugar da Chan ata chegar ao Concello, onde tras unha ofrenda floral ás 21:00 horas comezará un festival folclórico.
No mesmo actuarán todas as agrupacións do municipio: a Banda de Música de Tenorio, Os Afoutes do Canón de Pau, Os Trazantes de Tenorio e a agrupación folclórica Foula.
"Aínda que se trata dun pequeno recoñecemento polos seus elevados méritos, cremos que se trata dun acto moi emotivo xa que parte da súa propia terra natal e esperta a unanimidade de todos os cotobadeses", sinalou o alcalde, Jorge Cubela, sobre o recoñecemento a Ricardo Portela.