Bertín Osborne abarrota a praza de España e Quatro D Abril case enche na Ferrería
Por Diego Torrado
O de Bertín Osborne xa se anunciaba como o concerto máis multitudinario das festas da Peregrina este ano. E as previsións cumpríronse. Miles de persoas abarrotaron a praza de España na noite deste luns para asistir á actuación. Nun agosto no que todas as citas musicais gratuítas programada polo Concello están a encher o recinto, o seu foi o espectáculo ata agora con máis público.
O público que asistiu ao concerto de Bertín Osborne foi fundamentalmente maior de 40, unha idade que se contrapuxo coa outra actuación da noite en Pontevedra. Hora e media antes de que saltase ao escenario da praza de España, subíanse á estrutura instalada na praza da Ferrería o grupo pontevedrés Quatro D Abril.
Os espectadores de Quatro D Abril foron moito máis novos e non houbo unha asistencia tan masiva como no concerto de Osborne, pero o grupo de pontevedreses practicamente encheu o aforamento e a súa entrega igualou á de quen abarrotou a praza de España.
As citas musicais da Pergrina 2016 continúan este martes con outras dúas citas ás 21.00 e as 22.30 horas na Ferrería e a praza de España:
Martes 16: Furious Monkey House e Izal
Mércores 17: Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel. Treixadura e Banda de Música de Pontevedra
Xoves 18: Los tres soles del Paraguay e concerto World Dance Music
Venres 19: Daniel Minimalia e Rosa Cedrón
Domingo 21: Loquillo
Relacionadas:
-
Bertín Osborne actuará o 28 de xullo na Praza do Mar de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Bertín Osborne acabou no Hospital Domínguez despois do seu concerto en Pontevedra
Por Redacción |
-
O tirón de Xoel López volve encher a praza de España
Por Diego Torrado |
-
Dorian e La Casa de los Ingleses abren coa praza chea os concertos da Peregrina 2016
Por Cristina Saiz |
-
Bertín Osborne, Dvicio, Loquillo, Izal e Xoel López, atractivos para as Festas da Peregrina
Por Redacción |