O 3 de setembro celebrarase a cuarta edición do festival Ameixa Rock
Por Redacción
O vindeiro 3 de setembro celebraráse a cuarta edición do festival Ameixa Rock en Carril.
Nesta ocasión volverá a contar con Corticata para facer viaxes guiadas á illa de Cortegada e aluguer de kaiaks.
O programa inclúe, pola mañá a segunda edición da festa do futbol-praia para nenos, ó mediodía unha sesión vermú na praza da Liberdade a cargo de Perfect Strangers.
Xa pola tarde serán as Primeiras Olimpiadas da Ameixa, con xogos que fará a delicia de todos, e Os Sete Magníficos máis Un, un espectáculo clown para rapaces.
De remate, pola noite, o prato forte do festival, as actuacións de Neuroband, Superoito, Ánima e Biribirlocke.