O festival multidisciplinar "Barosa Líquida" celebrarase os días 1, 2 e 3 de xullo
Por Redacción
Ana Seoane Suárez e Adrián Silva Magdalena xunto coa colaboración da Facultade de Belas Artes (Universidade de Vigo), Barosa (espazo gastronatural), o Concello de Barro e a Deputación de Pontevedra, promoven unha iniciativa artístico-cultural para poñer en valor o arte nun entorno natural, "Barosa Líquida".
Nesta edición, ademais de contar con Cultura Tirante e Ana Seoane únese ao proxecto como entidade co-organizadora a REDExBBAA (Asociación Rede de Exalumnado da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo), unha nova agrupación na que participan ex-alumnos de Belas Artes.
Nun entorno inigualable como son as fervenzas e muíños de Barosa, situadas no Concello de Barro, sucederanse tres días para desfrutar do arte, a música, a poesía e a gastronomía a través de propostas interdisciplinares que farán de Barosa un lugar onde pasar seráns memorables e ricos en variedade cultural.
Unha cita que non se poden perder todos os amantes do arte no seu estado máis puro.
Programa:
- 1 de xullo: Concerto: Galifunk (21:30h)
- 2 de xullo: Teatro: Polo correo do vento (20.30h). Concerto: Nastasia Zürcher (21:30h)
- 3 de xullo: Maxia: Mago Paco (20.30h). Concerto: Cristian Silva (21:30h)
Artistas plásticos:
Intervencións: Gonzalo Lagares Martiñán, Iria Vázquez, Marta Moldes, Neves Seara, Sheila García, Ana Seoane, Blanco&Roja, Moīse Dikoff, Mariano Ortega, Aula de 6o do Colexio “Amor Ruibal” de Barro e Instituto IES de Barro.
Debuxo: Eva Monroy, María Carmen Armada Rodríguez e Iria Vázquez.
Neste edición contan como novidades coa participación de axentes locais na creación das instalación, como son: os alumnos do Colexio “Amor Ruibal” de Barro e do IES de Barro que participarán este ano na elaboración de tres instalacións artísticas.
No apartado musical, participarán tres grupos e artistas dunha notable calidade. Por unha banda, abrirá o festival o grupo Galifunk no que algúns dos seus membros son naturais do concello de Barro e que amosan unha nova visión da música actual que levan a cabo a través de instrumentos de vento.
O sábado está prevista a presenza da artista Nastasia Zürcher que recentemente acadou un premio Martin Códax da música e que actuará coa súa banda nun lugar tan privilexiado como é a Fervenza da Barosa. O festival o vai pechar Cristian Silva que presentará o traballo do seu último disco EGO.
Ademais das intervencións artísticas e da música haberá dous eventos máis. Por unha banda a obra de teatro "Polo correo do vento" que achega a obra de Manuel María a través de debuxos. Por outra, o domingo haberá un espectáculo de maxia para os mais cativos a cargo do Mago Paco.