José Luis Guerin, director de cine: "No váis a tener dificultad en vender Pontevedra como plató, pero no a cualquier precio"
Por Anxo Lourido
A primeira edición do Festival internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas, xa se atopa en marcha cunha xornada inaugural na que os máis novos puideron visionar a proxección de 'Cinema en curso'. O Teatro Principal acollía a mostra de traballos de estudantes de entre 8 e 18 anos enmarcadas dentro dun programa de pedagoxía en escolas e institutos.
A xornada continuou coa recepción inaugural por parte do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, aos organizadores e a algúns dos participantes neste festival, como o director José Luis Guerin, creador de En construción.
Guerin apadriña coa súa presenza este proxecto e mostrábase satisfeito por esta iniciativa: "Es maravilloso cuando para iniciar cuentan con uno para apuntalar una idea como ésta" e remarcou a importancia dun festival como este para Pontevedra: "Para las ciudades pequeñitas, el Festival de Cine cubre la carencia de la exhibición. Antes, 20 años atrás, una película de festivales tenía un sesgo peyorativo. Hoy designa una realidad en la exhibición. Las películas que se estrenan en los cines suelen ser los blockbuster. Los cineclubs y los festivales son los encargados de ofrecer el cine más ambicioso de nuestros días. Larga vida, por eso, a Novos Cinemas", apuntou.
Sobre as propostas como a de Pontevedra Film Commission, na que a cidade se postula como un espazo para rodar películas, o director barcelonés asegura que "No vais a tener ninguna dificultad en vender Pontevedra como plató de cine, pero no a cualquier precio. Es una ciudad muy connotada, como Galicia. No podría ser otro sitio".
Neste sentido, José Luis Guerin realiza unha comparativa coa súa cidade durante os últimos anos: "Es una falsificación, con fachadas que no se corresponden a lo que hay detrás de las fachadas. Es una ciudad que se ha vendido al turismo low cost por muy poco, que ha banalizado todos los comercios. No hay un bar donde puedas tomar una tapa que no sean para turistas con mojitos aguados y sangrías para hooligans. Es terrible, la banalización que ha vivido Barcelona con este fenómeno, que ahora la alcaldesa ha intentado detener o que no aumente", afirma o director.
Durante a tarde, exhibíronse dentro da programación os traballos de estudantes da Universidade de Vigo, que participaron no obradoiro 'Mira o río' para, a continuación, dar paso á película inaugural desta edición, A academia das musas de José Luis Guerin a partir das 22:00 horas non Teatro Principal de Pontevedra.
Durante este mércores inicia a sección oficial do Festival na que compiten nove películas procedentes de Europa, América e Asia. Tamén comezará o seminario 'New, Nuovo, Nouvelle!', impartido polo propio José Luis Guerin.
Relacionadas:
-
A segunda edición de Novos Cinemas celebrarase do 27 de xuño ao 2 de xullo
Por Redacción |
-
A película 'John From', de Joao Nicolau, gañadora do Premio Novos Cinemas
Por Redacción |
-
O Festival Novos Cinemas continúa a súa andaina con propostas innovadoras
Por Redacción |
-
'La academia de las musas' e José Luis Guerín inauguran a edición 01 do festival internacional Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Xa están á venda as entradas para o festival Novos Cinemas de Pontevedra
Por Redacción |
-
Nove películas competirán na sección oficial da edición 01 do festival Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño |