'La academia de las musas' e José Luis Guerín inauguran a edición 01 do festival internacional Novos Cinemas
Por Redacción
A edición 01 de Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas comenzará este martes 28 de xuño coa presenza na cidade do director José Luis Guerin padriño do festival. Ás 22.00 horas proxectarase no Teatro Principal a súa película La academia de las musas, filme inaugural desta edición que abre unha semana de cine que se prolongará ata o 3 de xullo. Terá entrada gratuíta previa retirada de invitación na billeteira a partir dunha hora antes do comezo.
A proxección será o evento principal dunha xornada que comezará xa pola mañá con programación adicada aos máis novos. As actividades comezarán ás 11.00 horas cunha proxección de 'Cinema en curso', que terá carácter gratuíto e estará aberta a todo o público. Os asistentes poderán visionar pezas realizadas por alumnos de entre 8 e 18 anos enmarcadas no programa estructural de pedagoxía e cinema nas escolas e institutos.
Proxectaranse Adéu (Adeus), de alumnos de sexto de primaria da Escola de Bordils (Cataluña); Nuevos Pasos (Novos pasos), de estudantes de cuarto da ESO do IES Jimena Menéndez Pidal de Fuenlabrada (Madrid); Paso a paso, de escolares de sexto de primaria do CEIP A Rúa de Cangas; O Acordar, de quinto e sexto de primaria do CEIP San Xoán de Becerreá; Sons no Camiño, de cuarto de primaria do IES Manuel Chamoso Lamas de O Carballiño; e Voces dunha paisaxe, de primeiro da ESO do IES Manuel Murguía de Arteixo.
A programación da xornada retomarase pola tarde, tamén no Teatro Principal. A partir das 19.00 horas, proxectaranse as obras realizadas polos alumnos da Universidade de Vigo que participaron entre os meses de marzo e xuño no obradoiro 'Mirar o río', impartido polo cineasta galego Lois Patiño.
O resultado dese obradoiro foron as pezas que se proxectarán: Fulgor, de Iria Silvosa; Naufragio, de Lucía Estévez; Liberdade, de Santiago Novas; Ruxida, de Álvaro Larriba; Anverso, de Aldara Pregue; Espectrorium, de Judith Cerqueiro; Etéreo, de Manuel Chapela; Resilencia, de Marta Rodríguez; Río Arriba, de Félix Carpio; Curvas y Ondas, de Claudia Alonso; e Doutras Horas, de Rebeca Tizón.
A nivel institucional, a xornada darase por inaugurada cunha recepción do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, na Casa da Luz ás 13.00 horas deste martes. Ademais, o Liceo Casino acolleará un cóctel previo ao filme inaugural que servirá como punto de encontro entre os convidados do festival.
Relacionadas:
-
A segunda edición de Novos Cinemas celebrarase do 27 de xuño ao 2 de xullo
Por Redacción |
-
A película 'John From', de Joao Nicolau, gañadora do Premio Novos Cinemas
Por Redacción |
-
O Festival Novos Cinemas continúa a súa andaina con propostas innovadoras
Por Redacción |
-
José Luis Guerin, director de cine: "No váis a tener dificultad en vender Pontevedra como plató, pero no a cualquier precio"
Por Anxo Lourido |
-
Xa están á venda as entradas para o festival Novos Cinemas de Pontevedra
Por Redacción |
-
Nove películas competirán na sección oficial da edición 01 do festival Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño |
-
Jose Luis Guerín, padriño da Edición 01 do festival Novos Cinemas de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O río Lérez, protagonista do festival Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Clausúrase a Edición 0 de Novos Cinemas con éxito de público
Por Diego Torrado |