A arte xaponesa de Hideka Tonomura chega á galería About Art
Por Redacción
A artista xaponesa Hideka Tonomura mostra o vindeiro mércores 1 de xuño a súa exposición 'Orange elephant' na galería About Art. Trátase da primeira vez que se poderá ver en España grazas a un acordo entre a galería pontevedresa e a Zen Foto Gallery de Tokio.
A obra viaxa ata Pontevedra cunha edición limitada de 700 copias do photobook e dúas edicións anteriores dos libros da artista. A creadora ofrece nestes últimos traballos a fraxilidade das súas emocións persoais e das súas experiencias vitais a través da cor e o monocromo, cunha fotografía que se introduce na lírica poética.
A exposición poderase visitar desde este 1 de xuño ata o 29 de xullo en horario de martes a venres, de 17.30 a 20.30 horas e os sábados de 11.00 a 14.00 horas.