Elisabeth Oliveira presenta o libro-CD 'Poesis' no Sexto Edificio
Por Redacción
A autora Elisabeth Oliveira presentará este venres 3 de xuño ás 20.00 horas no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra o seu libro-CD titulado 'Poesis'.
Esta escritora estará acompañada pola representante da Real Academia Galega e autora pontevedresa, Fina Casalderrey e por varios dos cantautores que colaboraron na gravación deste disco como Gustavo Almeida, Manoele de Felisa, Luís Quintana e Cédric Lezais.
Durante a presentación, os músicos interpretarán en directo as cancións elaboradas a partir dos textos do libro en diversas linguas como o galego, o portugués, o castelán ou o francés.
A entrada ao acto é libre.