Encontro interxeracional no Café Moderno de AFundación
Por Mónica Patxot
Os maiores e os escolares compartiron actividade no Café Moderno de Afundación durante a mañá deste luns 23 dentro das actividades programadas por esta entidade con motivo do Día das Letras Galegas, que nesta ocasión dedicouse ao autor Manuel María.
Estudantes do colexio Manuel Vidal Portela levaron a cabo unha actividade de ilustración de poemas de Manuel María. Desta forma, os menores deron fondo e figura aos traballos poéticos de Manuel María, baseándose nas obras e na vida do autor homenaxeado.
A continuación, os integrantes do grupo de teatro do Centro de Maiores de Afundación ofreceron unha representación, en forma de teatro lido, da obra A Berenguela, dirixida por Margarita García.
Esta proposta enmarcábase no proyectodel Área de Envellecemento Activo "O valor da experiencia" co que Afundación pretende ampliar as oportunidades de participación das persoas maiores. Desta forma buscan que o seu talento sexa transmitido en beneficio dos máis novos.