O día dos 400 bailaríns
Por Diego Torrado
Máis de 400 participantes sumáronse este sábado a participar nas actividades do Día Internacional da Danza que, a causa das previsións de mal tempo, se celebrou no Pazo da Cultura.
Pontendanza 2016 congregou a escolas de danza de Pontevedra e de toda Galicia e artistas freelance que participaron nun amplo programa de actividades, dende obradoiros de danza contemporánea e sexy style ata actuacións e ataunha masterclass de zumba.
A xornada tivo protagonismo colectivo dos 400 participantes, pero tamén nome propio de figuras recoñecidas do mundo da danza como o bailarín cubano Armando Martén, que pola mañá impartiu un obradoiro de danza contemporánea, ou a semifinalista de Fama Eva Juan, responsable dunha clase de sexy style.
Os eventos que congregaron máis público foron as tres funciones de danza a cargo das distintas escolas participantes que se realizaron en horario de mañá e tarde no Pazo.