Teatro, museo e Castelao, combinación perfecta para a noite do sábado
Por Diego Torrado
As actividades programadas pola Deputación Provincial de Pontevedra e o Museo Provincial con motivo do Día Internacional dos Museos chegaron ao seu fin na noite deste sábado coa chamada 'Noite dos Museos', na que o Sexto Edificio e o Edificio Sarmiento permaneceron abertos e cheos de actividade ata a medianoite.
O eixo temático foi a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao a través da proposta teatral da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) que presentou unha aposta nova e inédita inspirada nos dez cadros que o artista de Rianxo escribe no Diario de 1921, resultado da súa viaxe durante cinco meses por diferentes cidades de Francia, Bélxica e Alemaña.
Partindo da aprendizaxe do mestre Castelao, tanto ás 19.30 como as 22.00 horas presentaron un espectáculo que percorreu os dous edificios para enchelos de poética visual, a través da evocación de imaxes, sentimentos e sensacións.
Relacionadas:
-
A ESAD volve celebrar a Noite dos Museos cun espectáculo ad hoc para o Museo de Pontevedra
Por Redacción |
-
VÍDEO.- "Flashmobilizándose" para atraer visitantes ao CITA
Por Mónica Patxot |
-
Insisten en pedir á Deputación Provincial a autoxestión do Museo de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
Dez cadros de Castelao cobrarán vida durante a 'Noite dos Museos'
Por Redacción |