O reto de Tino Lores: buscar un futuro substituto na presidencia dos Amigos do Camiño portugués
Por Anxo Lourido
Máis de sesenta asociados dos Amigos do Camiño portugués a Santiago ocupaban os asentos da sala de actos do Albergue de Peregrinos e todos ergueron a man para renovar a Celestino Lores no seu cargo de presidente do colectivo. As súas primeiras palabras apuntaron cara o seu obxectivo nestes próximos catro anos: "necesito buscar un sucesor".
Dende as butacas, alguén bromeou: "un Bárcenas". Pero Tino Lores cortoulle: "quita, quita que nos metemos en un problema gordo".
Tras o acto, o home que leva sendo 20 anos presidente do colectivo mantiña o seu discurso: "Sí, mi reto es que alguien se haga cargo de la asociación y así poder dar un paso adelante. Necesito que quede alguien porque si falto yo se acaba la asociación. Me gustaría que en los 25 años, dentro de cinco, que me nombren, si quieren, presidente de honor que ya estaría bien".
Tino Lores afirma que segue coa mesma ilusión que ao principio e co mesmo ritmo de actividades. "Lo hago con mucho gusto, me encanta. Creo en esto y creo de verdad. Es una satisfacción. Tengo mucho que agradecer, he hecho amigos por todo el mundo. Cuando sufrí el infarto, todos se volcaron. Y vas por ahí e parece que non hai máis Celestino no camiño portugués que Celestino Lores", afirma sorrinte.
Pero para os vindeiros catro anos de mandato ao fronte dunha asociación que suma máis de 2.500 integrantes, Tino Lores asume outros retos como o de evitar a masificación no 2021, ano de celebración do próximo Xacobeo: "Va a haber entre 80 y 100 mil peregrinos y el presidente de la Xunta también me mostró su preocupación. La propuesta es que el camino no se convierta en la lucha por una cama. Buscar como en Pontevedra que, en cada final de etapa, haya sitios de acogida para que los peregrinos no tengan que llegar a los albergues a toda prisa en busca de una cama. El problema es cuando tengo 56 plazas y 60 peregrinos. Eso convierte el camino en agresivo en lugar de solidario".
Otra loita que mantén coas administracións se atopa na seguridade ao longo da Nacional 550. Asegura que xa ten falado co presidente da Deputación Provincial, co Conselleiro de Territorio e co delegado da Xunta para buscar solucións que eviten situacións perigosas en varios cruces desa estrada. Lores cre que se podería resolver cunha pasarela ou cun paso de peóns. E afirma que "ya la han recorrido 200 mil peregrinos y nunca ha pasado nada pero hay que intentar garantizar la seguridad".
MAIS CAMAS NO ALBERGUE
"Un peregrino deja una media de 20 euros por día, si pasan 30 mil peregrinos son 600 mil euros"
Amósase, sobre todo, moi satisfeito coa evolución que experimentou o camiño portugués e coa cantidade de cartos que deixa ao seu paso, unha vez que se ten mentalizado aos peregrinos de que non é necesario pasar polos albergues e pode durmir en hoteis: "Yo tengo calculado que un peregrino deja una media de 20 euros por día, si pasan 30 mil peregrinos son 600 mil euros que se quedan aquí en la ciudad. Y es un dinero que no había y una forma de crear riqueza".
Este ano quere incrementar o número de camas que ten o Albergue. De 56 pretende pasar a 96 adaptando a sala de actos. "Todo depende del Xacobeo" afirma. "La sala ya fue dormitorio en su día y la habilitamos como sala de actos con las butacas del edificio de la Xunta en Benito Corbal. Y es que aquí todo es reciclado" e comeza a sinalar distintos materiais na recepción do Albergue, "este armario y aquel asiento también son de la Xunta, esta mesa la traje de mi casa y las farolas de fuera de A Ferrería, incluso la fuente la encontré en Campañó".
Agora, a súa gran ilusión é incorporar xente nova á asociación: "por eso queremos hacer actividades con los nietos de muchos de nosotros y así garantizamos que no se muera y meterles el gusanillo". Polo momento, os Amigos do Camiño portugués retomarán as camiñadas o próximo 23 de febreiro.