O gran taller artístico da Ferrería abre as portas a mentes inquedas
Por Anxo Lourido
Basilisa Fiestras, Macarena Montesinos, Román Corbato, Isaac Sucasas, Roi Domínguez e Hugo Aldatz son os nomes dos seis artistas que este último sábado de abril ofreceron os seus traballos ao público que se pasaba polo centro da cidade coa intención de que puidesen observar as súas propostas.
Este proxecto, promovido por Bea Mazaira e María Rey, denominado 'Artistas na Rúa' conta con varios creadores que se formaron na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e busca un achegamento entre o espectador e o artista. Así, durante esta xornada, algúns viandantes formaron parte destas iniciativas como a elaboración de tallas de escaiola, lendo poesía, construíron esculturas con material ou comprobaron como as pombas poden formar parte dunha proposta artística.
Os creativos seleccionados para participar nesta edición son contratados durante as seis horas nas que desenvolven o proxecto cun salario de 200 euros e 50 euros para cubrir os gastos de material.
Relacionadas:
-
Oito artistas interactúan cos cidadáns na rúa para realizar as súas creacións
Por Redacción |
-
Aberta a convocatoria para unha nova edición de "Artistas na rúa"
Por Antía Fernández Buján & Mónica Patxot |
-
A arte contemporánea agroma na rúa
Por Mónica Patxot |
-
Un bosque frondoso ocupará a praza da Ferrería dentro do proxecto Artistas na Rúa
Por Redacción |
-
A praza da Ferrería, escaparate dos creadores pontevedreses nunha nova edición de Artistas na Rúa
Por José Alberto Graña Pérez |