Xornada de portas abertas en Barro para probar tubas, trombóns e saxofóns
Por Redacción
A tuba, o trombón ou o saxofón son instrumentos, entre outros moitos utilizados na música clásica, que tamén se empregan para interpretar temas comerciais, de Adele, Coldplay, Pharrel Williams ou calquera outro dos que soan en radios fórmulas.
Para achegar estes instrumentos aos máis novos, o director da Escola de Música de Barro, Manuel Fariña, anunciou que este venres 29 de abril, a partir das 18.00 horas, desenvolveranse unha xornada de portas abertas no CPI Amor Ruibal de Barro. Alí, todos aqueles escolares que queiran pobar un instrumento poderán facelo. Esta iniciativa leva a cabo despois do concerto realizado para os máis novos a cargo de "Galifunk Brass".
No Concello de Barro numerosos estudantes iniciaron a súa traxectoria musical a través da Escola de Música de Barro e da Banda Xuvenil, que dirixe Alberto Busto. Co paso dos anos, algúns deles dedícanse de forma profesional á música. Un destes exemplos é o grupo "Galifunk Brass. Pero desde esta Escola, xestionada pola Asociación Cultura e Xuventude de Barro, tamén convida os adultos a que se inicien no mundo da música aprendendo a tocar un instrumento.