Sábado de tradición e Aña Urbana no centro histórico
Por Diego Torrado
A asociación cultural Trepia volveu facelo, volveu converter a Praza de España e toda a súa contorna, en pleno centro histórico pontevedrés, nunha homenaxe á tradición, á festa e á música. A zona da antiga Casa Consistorial foi escenario dunha nova Aña Urbana, a sexta xa.
A festa comezou ás 11.00 horas da mañá na carpa instalada na Praza de España, pero o 'roteiro' da Aña Urbana foi máis aló dese enclave e levou a música e a festa a distintas prazas da cidade. Trepia, agrupación organizadora, contou para facelo posible coa colaboración de diferentes agrupacións convidadas.
Unha comida popular, talleres de 'toques de leghón' e baile ou unha feira de oficios e artesanía (con librería, postos de coiro ou de instrumentos tradicionais) foron algunhas das propostas para esta edición da Aña, coa que Trepia quere recuperar unha tradición músico-festiva asociada aos traballos do campo que perviviu ata a chegada e xeneralización das modernas maquinarias agrarias.
Relacionadas:
-
Diversión e tradición tiveron unha cita na Aña Urbana
Por Diego Torrado |
-
Trépia organiza unha nova Aña Urbana en Pontevedra
Por Redacción |
-
A tradición da Aña Urbana tomará as prazas da cidade este sábado 23 de abril
Por Redacción |
-
Volve a Aña Urbana, este sábado 25 diante do Concello
Por Oskar Viéitez |
-
Os ritos das labradas xermolan na cidade
Por Diego Torrado |
-
O centro histórico danzará o sábado ao 'toque de leghón'
Por Oskar Viéitez |