La casa de los ingleses estrea "Algo diferente", o seu primeiro videoclip
Por Alejandro Espiño
Algo diferente é unha das cancións do EP Punto de partida, publicado en maio de 2015 pola banda pontevedresa La casa de los ingleses e que foi considerado como unha das dez mellores demos galegas do ano segundo a revista Mondo Sonoro. E agora, converteuse tamén no primeiro videoclip do grupo.
O videoclip foi integramente rodado na cidade de Pontevedra, entre vos meses de agosto de 2015 e marzo de 2016.
A idea principal desta peza audiovisual é da propia banda e a produción correu a cargo de El Espejo Mágico Producciones, compañía que tamén se estreou nestas lides.
La casa de los ingleses é unha banda pontevedresa de indie pop, de cancións brillantes e armoniosas, melódicas, envolventes e evocadoras, cun toque melancólico nalgunhas ocasións, sen reprimir o seu instinto máis rock nalgúns dos seus temas, todo iso primando sempre as melodías pop próximas e sen grandes artificios.
Os seus integrantes, Anxo, Carlos, Charly e Xavi, comezaron a tocar xuntos en 2010. Inicialmente tocaban versións dalgúns dos seus grupos favoritos, pero aos poucos comezaron a crear as súas propias cancións, suma das diferentes influencias de cada un deles, e a actuar por diferentes puntos da xeografía galega.
En 2015 foron os gañadores do Fest, o concurso de bandas emerxentes que organiza o Local de Música de Pontevedra.
Ese mesmo ano editaron Punto de partida, un EP autoeditado, coa colaboración do galardoado produtor Juan Hernández, no que se poden apreciar o gusto do grupo polo son de banda e a frescura das súas composicións.
Relacionadas:
-
RADIO.- Anxo Guerra ou a "forma natural" de vivir a vida
Por Marisa Ciordia |
-
Quen é "un fervello musical" que se ten convertido nun referente?
Por Redacción |
-
La casa de los ingleses presenta en Sala Karma "Punto de partida", o seu primeiro EP
Por Redacción |
-
Os Fest 2015 son para... The Soul Breakers e La Casa de los Ingleses
Por Diego Torrado & Natalia Puga |