Alex Marban e Stock gañan o Fest 2016
Por Diego Torrado
O intérprete Alex Marban e o grupo Stock resultaron os vencedores da edición 2016 do Fest, o festival de música da cidade organizado por Local de Música e o Concello de Pontevedra coa intención de dar a coñecer as novas propostas sonoras que xorden en Pontevedra.
A edición deste ano celebrada no Teatro Principal durante este sábado 19 volveu reunir a numeroso público que acudiu para presenciar as actuacións dos oito grupos participantes na fase final certame, escollidos entre 23 grupos que presentaron as súas maquetas este ano. 'La casa dos ingleses' foi o grupo invitado para pechar a gala.
Cada grupo participante contou con 15 minutos de actuación sobre o escenario do Principal e o xurado concedeu o premio consistente nunha gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual a Alex Marban. Pola súa banda, o público asistente premiou a Stock, que contará cunha actuación remunerada na cidade. Stock é un grupo que ensaia no Local de Música e os seus compoñentes son menores de idade.
Tamén participaron nesta final Chirri Bom, Las líneas de Naza, Nagai, Rap a golpe de beatbox, Rëisk e Wisema.
Relacionadas:
-
STOCK e Miguel Alberte, gañadores do Fest 2017
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Concello busca dar un "salto de calidade" co Local de Música
Por Redacción |
-
Un Nagai renovado presenta "II", o seu novo traballo discográfico
Por Alejandro Espiño |
-
Os Fest 2016 xa teñen oito finalistas e veranse as caras o 19 de marzo
Por Redacción |