Máis de 6.000 espectadores confirman o apoio dos pontevedreses a Domingos do Principal
Por Redacción
O ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal está consolidado entre o público pontevedrés. Confírmano as cifras da última edición, que rematou o pasado domingo,6 de marzo. Segundo informan dende o Pazo da Cultura, contou un ano máis cunha excelente acollida e unha media de 355 asistentes por función aos seus 7 espectáculos.
En total, máis de 6.000 persoas asistiron ás actuacións, que se representaron en dobre función, ás 12.00 e ás 18.30 horas, no Teatro Principal e houbo tres pases concertados con escolares nos Luns do Principal, dos que gozaron preto de mil nenos da provincia de Pontevedra.
O ciclo pechouno a compañía pontevedresa Baobab Teatro coa obra Luppo. Incluíu actuacións da compañía catalá Peus de porc e o seu espectáculo 'A comer!'; 'Jim e a illa do tesouro' do grupo galego Eme2; a tamén catalá La Baldufa con 'Pinocchio, figlio di Gepetto'; 'Burbullas de papel' de Mucab Dans; Marcel Gros con 'Minutos' e 'Faboo, el encanto de la imaginación', unha obra do grupo madrileño Escena Creativa.
No que respecta ás valoracións do público familiar, a compañía máis valorada foi Marcel Gross, seguida de Baobab Teatro. O terceiro posto foi, segundo os menores, para Mucab Dans e as súas Burbullas de Papel, que colgaron o cartel de non hai entradas, e para Peus de Porc, segundo o criterio dos maiores.
Relacionadas:
-
"O lobo e a lúa" de Baobab abre o ciclo de teatro Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Se aínda non enviaches a carta aos Reis Magos, inclúe este agasallo...
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Baobab Teatro recolle o premio ao mellor espectáculo infantil e familiar por "Luppo"
Por Redacción |
-
'Luppo', de Baobab Teatro, clausura unha exitosa edición de Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A imaxinación faise dona de Domingos do Principal da man de "Faboo"
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Clown para os máis cativos nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado |