A fadista María do Ceo actuará na casa do pobo da Lama
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, presentou o concerto que protagonizará a cantante de fado María do Ceo na Casa do Pobo da Lama o vindeiro sábado 19 de marzo, a partir das 20 horas.
María do Ceo traerá á Lama as súas vivencias feitas cancións, o seu "Fado Minhoto, o seu Fado e outras músicas". Quere celebrar con este concerto os seus 20 anos na canción e o seu xa once discos editados.
Para os amantes da canción tradicional portuguesa, María do Ceo é fado en estado puro e actualmente está considerada a sucesora de Amalia Rodrigues, tanto no estilo, como na interpretación.
Cando canta, María do Ceo transmite melancolía, dozura, paixón, tenrura, todos os ingredientes para ser unha boa intérprete de fado, porque realmente ela é: corpo de muller e alma de fado.
Segundo os críticos, María do Ceo une as súas múltiples influencias ao sentir portugués e á dozura natural do idioma galego, dotada de calidades vocais excepcionais, envolve de inmediato ao público nun ambiente máxico coa musicalidad arrepiante que lle brota da alma.
María do Ceo converte en vangarda o máis tradicional e o máis moderno en fado. Deu concertos en España, Francia, Portugal, Italia, Alxeria, México, Arxentina, Uruguai, Alemaña, Exipto, entre outros paises.