O grupo Australia e o DJ JC poñerán a nota musical á Sétima Feira
Por Redacción
O grupo Australia integrado por Javier Lago, Irene Pérez, Nerea Piñeiro e David Troncoso, será o encargado de dar o toque musical á Sétima Feira, acompañados de DJ JC. Son naturais de Pontevedra e acaban de sacar o seu primeiro disco "Parade", que xa se pode comprar en cdbaby.com.
A Sétima Feira é unha iniciativa que busca crear un espazo de mercado para os novos emprendedores e emprendedoras nas áreas da arte e da moda. Será un mercado que se celebrará o segundo sábado de cada mes, empezando este sábado día 13. Contará con 15 postos repartidos entre alumnos de Belas Artes e negocios da cidade.
Este sábado instalaranse no primeiro piso da Praza de Abastos, por culpa da choiva. "Para nós é unha oportunidade para mostrar o noso traballo, que é algo difícil hoxe en día", sinala Belén Diz, egresada no centro de Belas Artes, segundo informan dende o DUVI.
Pero a arte non será o único protagonista neste mercado, no que a moda tamén terá o seu lugar, da man de tituladas de Esdemga como Marly Carballal, que ensinará os seus bolsos e complementos deseñados a partir de bordados chegados de México e Tailandia.
Para apuntarse nos diversos mercados que se seguirán celebrando, na rúa Serra, en horario de 10:00 a 13:00 horas os mércores, xoves e venres, a Oficina dá Sétima Feira que é a encargada de xestionar todos os postos da mesma estará aberta a todos os que desexen inscribirse, ou a través do correo setimafeira@pontevedra.gal
Relacionadas:
-
RADIO.- Unha voz con personalidade e sensatez para deixarte coa boca aberta
Por Marisa Ciordia |
-
A imaxinación aniña na primeira planta do Mercado
Por Redacción |
-
Quince creadores pontevedreses participarán na primeira Sétima Feira
Por Redacción |
-
A 'Sétima Feira' sacará á rúa a arte e a moda dos creadores e emprendedores un sábado ao mes
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |