Alexander Vórtice presenta o seu novo poemario, 'Atrofiadas as Estrelas'
Por Redacción
O poeta, escritor e columnista de diversos medios, entre eles PontevedraViva, Alexander Vórtice presenta a súa próxima obra poética o venres 15 de xaneiro ás 20.00 horas no Sexto edificio do Museo de Pontevedra.
Este novo traballo do autor pontevedrés leva por título Atrofiadas as Estrelas e trátase dunha obra na que se plasman temas como a noite cáustica, o erotismo, o paso do tempo, o influxo da sociedade ou da compañía xunto ao ser amado. Os corenta poemas que conforman este libro foron elaborados ao longo de máis dunha década e ven a luz a través da editorial viguesa "Discursiva".
O libro conta cunha portada e con ilustracións interiores que acompañan ás poesías realizadas polo pintor pontevedrés Antón Sobral. Ademais, o poemario está prologado pola escritora e columnista pontevedresa, tamén colaboradora de PontevedraViva, Milagros Bará.
Allexander Vórtice publicou ata o momento obras como Destilería Ocaso (2004), Neurosis Tremens (2005), Material de Soños (2008), Dios y Otros Superhéroes (2013) e Vegetaciones Carnívoras (edición dixital, 2015). Atrofiadas as Estrelas constitúe a súa quinta publicación de Vórtice e a segunda realizada en lingua galega.
No acto de presentación no Sexto edificio do Museo de Pontevedra intervirán o columnista Bernardo Sartier, o editor Enrique Sánchez, a prologuista Milagros Bará, o ilustrador Antón Sobral e o propio autor, Alexander Vórtice.