O domingo comezan os Cantos da Taberna Centoleira no Grove
Por Redacción
Os grupos participantes nos Cantos de Taberna Centoleira visitarán os locais participantes nas Xornadas da Centola do Grove durante este domingo 29 de novembro e o próximo 6 de decembro a partir das 12.30 horas.
Esta iniciativa pretende retomar a tradición de cantar nos bares e tabernas coa participación de grupos locais como Os Firrás ou Oqnosboten, ademais doutros como Maravallada de Pontevedra ou Xoldra de Rianxo.
A proposta terá continuidade o próximo ano durante a primavera, segundo o goberno local, cun evento máis amplo ao que animan a asistir aos grupos e asociacións que traballan estas cancións tradicionais. Os cantos de taberna convertéronse nunha cita moi popular en diferentes concellos galegos como o de Pontevedra e, segundo a organización, contan cunha gran aceptación entre os mecos.