Almudena Poza e Esther Gandía, gañadoras dos segundos premios Ernestina Otero
Por Redacción
As alumnas do campus de Pontevedra Almudena Poza Pampín e Esther Gandía Martínez resultaron gañadoras dos segundos premios Ernestina Otero para a incorporación da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster para os alumnos das facultades pontevedresesas, convocados pola concellería de Igualdade e a Universidade de Vigo.
O traballo 'A aprendizaxe cooperativa como ferramenta para fomentar a igualdade entre vos sexos na escola infantil' e o proxecto 'O persoal é político' destas dúas alumnas resultaron gañadoras das modalidades Traballo fin de grao e Traballo fin de master, respectivamente.
Os premios serán entregados o próximo 2 de decembro, no transcurso dun acto académico que se celebrará na Casa da Luz a partir das 20.00 horas.
O traballo de fin de grao recibirá un importe de 2.000 euros e o de fin de máster de 1.000 euros.
Estes premios pretenden fomentar a igualdade entre homes e mulleres, facilitando a sensibilización e a participación dos cidadáns. E neste sentido, búscase o compromiso da comunidade educativa para traballar a perspectiva de xénero entre a poboación máis nova.
Relacionadas:
-
Desmontar estereotipos nas aulas e a arte ten premio
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Conchi. 38 anos. Ponte Sampaio
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Cando che digan: "Es miña", responde: "Tes o ticket?"
Por Natalia Puga |
-
'Un cesto de mazás', un libro para recuperar a memoria das vítimas evidentes do 36... e de todas as demais
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Tres investigacións do campus, primeiras galardoadas cos Premios Ernestina Otero
Por Redacción |