O pontevedrés Aquilino Fariñas Godoy, finalista dos premios Atlantis
Por Redacción
A novela "De Galicia ao Novo Mundo. Pedro Madruga-Cristóbal Colón" escrita polo pontevedrés, Aquilino Fariñas Godoy, directivo e portavoz da Asociación Cristóbal Colón galego, foi seleccionada como finalista dos VI Premios "Atlantis" na modalidade de Novela Histórica.
É unha importante noticia que o mundo da cultura celebra en xeral, e os partidarios da divulgación da orixe galega do descubridor, en particular, pola propia difusión que os propios premios teñen, e polo merecido galardón para este este médico pontevedrés, tendo en conta o meticuloso traballo que recolle.
A súa novela definiuse no seu día "como o mellor traballo escrito ata o momento sobre a vida de Cristóbal Colón, tendo en conta a trama de novela histórica que facilita ao lector en penetrarse no personaxe, os feitos históricos dos que forma parte, e as excepcionais circunstancias que fan que ata os nosos días cheguen de forma nesgada por uns ou outros motivos", en palabras do presidente da Asociación Cristóbal Colón galego.
O vindeiro venres 27 de novembro, entregaranse en Madrid os premios nunha gala á que asistirán personalidades do mundo da política, das artes e da cultura.
A "teoria galega", xa estivo nomeada a outros premios, esta vez da Academia de Televisión (marzo 2014), a través do documental "Colón galego?", do realizador e director Ángel Peláez; nos apartados de mellor guión e mellor realización, película que foi promovida pola Asociación Cristóbal Colón galego "Celso García de la Riega" e que neste momento está a pasarse en diferentes canles de televisión, dando a coñecer os fundamentos da teoría e as múltiples evidencias que fan pensar nunha orixe galega do almirante.