O historiador Alfonso Philippot recibe a distinción 'Coloniano de Honra' pola súa defensa do Colón galego
Por Diego Torrado
O municipio de Poio converteuse no lugar de encontro dos defensores da teoría de que Cristóbal Colón era de orixe galega coa celebración da primeira Xuntanza Coloniana que serve de espazo para que os historiadores e investigadores compartan as súas achegas ao desenvolvemento desta proposta.
O primeiro homenaxeado desta Xuntanza Coloniana foi Alfonso Philippot Abeledo, iniciador do rexurdimento da teoría a partir da década dos setenta, baseándose nas propostas emitidas por Celso García de la Riega nunha conferencia na Real Sociedade Xeográfica no ano 1898. Os dous son os principais alicerces desta teoría, tal e como se recolle na exposición permanente 'Colón Galego' que se pode visitar na Casa Museo de Portosanto.
Philippot defende a teoría de que a identidade de Colón correspóndese coa de Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), argumentándoo nun gran soporte documental e xenealóxico, converténdoo nun dos autores de referencia sobre este tema.
A concelleira de Cultura de Poio, Silvia Díaz, fixo entrega do galardón do distintivo 'Coloniano de Honra' ao historiador despois de realizar un percorrido pola Casa Museo de Colón en Poio. Posteriormente, os asistentes participaron nunha comida de confraternidade.
Relacionadas:
-
O pontevedrés Eduardo Esteban defenderá nun congreso en Sevilla a galeguidade de Colón
Por Redacción |
-
Poio celebrará a primeira Xuntanza Coloniana premiando ao historiador Philippot
Por Redacción |
-
La huella de Pedro Madruga en Cristóbal Colón, de Ángel Carracelas
Por Oskar Viéitez |
-
Xa está aberta a exposición permanente da Casa Museo de Colón
Por Oskar Viéitez |