Volven as 'Voces do ano' ao auditorio de Afundación
Por Redacción
Afundación e a Asociación Amigos da Lírica traen a Pontevedra desde esta próxima semana a cuarta edición do ciclo lírico 'Voces do ano'.
Aínda que tamén pasará por cidades como A Coruña ou Ferrol, o concerto inaugural celebrarase o sábado 17 de outubro ás 20.30 h no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra.
O primeiro recital contará coa participación da soprano Juana Castillo e o barítono Luís Cansino como protagonistas, acompañados ao piano por Diego Rivera para interpretar un programa composto na súa primeira parte de ópera e, na súa segunda metade, por obras de zarzuela.
Ademais Luís Cansino recibirá na cidade de Lérez o premio 'Voces do ano' na modalidade de traxectoria profesional, co que se recoñece a súa carreira.
As entrdas poden adquirirse de xeito anticipado en www.ataquilla.com a un prezo de 12 euros.