O mércores 14 comezan as inscricións para as actividades infantís do Pazo da Cultura
Por Redacción
Xa chega o ciclo de obradoiros para público infantil "MiniPazo Club".
Son os obradoiros: "A procura do tesouro", "A hora do conto", "Experimenta", de arte e cultura visual e "RockLab", de expresión musical.
A catro propostas, que ofertan preto de 300 prazas en total, están promovidas pola Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra. Serán desenvoltas integramente en galego e, dirixidas a nenos entre 4 e os 16 anos, e serán levadas a cabo nas instalacións do Pazo da Cultura.
O día inicial de inscrición, no que adoitan esgotarse xa as prazas dalgunhas quendas, será o 14 de outubro. As portas do Pazo da Cultura, único lugar onde formalizar a mesma, abrirán ás 8:00 horas. O horario de oficina é de 8 a 14 horas de luns a venres.
O procedemento, que variará nesta edición, consistirá en recoller, por orde estricta de chegada, as follas de inscrición (máximo 4 por persoa) que estarán previamente numeradas, dirixirse ao espazo habilitado para cumplimentalas e achegarse, de seguido, ás oficinas para entregalas, recibindo alí un resgardo.
Os organizadores salientaron que todas as follas numeradas que non sexan entregadas no intre, quedarán descartadas, tendo o interesado que iniciar un novo proceso de inscrición.
Unha vez rematadas as prazas, pasarán a formar parte das listas de agarda.
O prezo total, será de 40 ou 80 euros, dependendo da actividade e do número de sesións da mesma, que serán entre 20 e 55, iniciándose no mes de outubro e rematando en maio ou en xuño.