Unha exposición analiza a arte galega dende a perspectiva do bodegón
Por Redacción
Baixo o título 'O bodegón oculto. A natureza morta na arte contemporánea galega', a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) inaugura este xoves unha exposición "diferente" que permitirá ao visitante analizar a arte galega desde unha perspectiva concreta e pouco habitual, o xénero da natureza morta ou o bodegón.
A mostra armouse en base aos fondos da colección de arte de Afundación e baixo a coordinación de Carlos López Bernárdez, que indicou que permite unha visión do bodegón "illada da mirada tópica" e unha relectura da tradición pictórica galega desde un xénero que moitas veces crese esgotado ou acoutado a unha época concreta, cando a colección de Afundación revela que foi unha constante durante varios séculos.
Neste sentido, a coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, indicou que a idea preconcibida que se pode ter sobre o bodegón é que se trata dun xénero "obsoleto" pero, con todo, ao profundar un pouco nos fondos da entidade descubriron que "os grandes artistas galegos utilizaron esta técnica para facer algunhas das súas obras máis significativas" e entre as 27 obras desta nova exposición incluíronse "algún dos cadros máis interesantes" de pintores galegos.
'O bodegón oculto. A natureza morta na arte contemporánea galega' é unha exposicón "distinta e cargada de obras espléndidas dende ou punto de vista da súa beleza, pero, ademais, importantes no arte galego", segundo explicou Paloma Vela. Inlcuye 27 obras de autores como Francisco Llorens, González Pascual, Alfredo Souto, Urbano Lugrís, Antonio Tenreiro, Prego de Oliver, Luis Mosquera, Braque, Gris, Luis María Caruncho, Rafael Úbeda, Luís Seoane, Manuel Quintana Martelo ou Murado e complétase cunha número 28 que xa figura exposta de forma permanente na sede de Afundación en Pontevedra, o cadro de Laxeiro Manantial de la vida, que pode ser lido en clave de bodegón.
A mostra permanecerá aberta ata o 23 de xaneiro en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 horas e os sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas. Ademais, deseñouse un programa para escolares ao que xa hai confirmada a visita de máis de 300 alumnos de centros educativos de Pontevedra.