O marisco tamén marida coa cultura máis popular no Grove
Por Redacción
O rockeiro Loquillo converteuse na gran estrela da Festa do Marisco deste ano cun concerto no que interpretou algúns dos seus éxitos dos oitenta ante un público entregado que encheu a Praza do Corgo. Como teloneiros actuaron David Chiquillo e Antonio Casado.
Tamén cultivou unha gran acollida o recital da Escola de instrumentos populares galegos Suso Vaamonde do mesmo xeito que o concerto de pandereitas no que participaron os grupos Paradanda-Mecos, Cantodorxo, ASXUPEN e a Asociación de Mulleres Rurais Adro Veo.
Durante o fin de semana sucedéronse as actividades nas que participaron decenas de veciños e visitantes como sucedeu na concentración de Vespas e Lambrettas, organizada pola Scooter Club LamVrespas.
Ao longo da semana continuarán celebrándose diferentes acontecementos no Grove, que contarán con outro momento multitudinario o vindeiro xoves 8 co concerto de Orquestra Panorama e DKB.
Relacionadas:
-
A carpa da Festa do Marisco do Grove albergará ata novembro actividades culturais
Por Redacción |
-
O Grove entrega as súas 'Centolas de Ouro'
Por Redacción |
-
O pregón de Yayo Daporta dá paso á actividade da Cociña en Vivo na carpa da Festa do Marisco
Por Redacción |
-
A Festa do Marisco acolle a estrelas Michelín antes dunha fin de semana de gran actividade
Por Redacción |
-
Yayo Daporta, pregoeiro da 52 edición da Festa do Marisco do Grove
Por Redacción |