Comeza o ciclo de cinema 'Onde vas?' na Casa das Campás
Por Redacción
O venres 11 de setembro, as 19:30 horas, comeza o ciclo de cine 'Onde vas?', que se desenvolverá na sede da vicerreitoría do Campus de Pontevedra na Casa das Campás.
A programación que se contempla neste ciclo é a seguinte:
SETEMBRO
11 O emperador do Norte (Emperor of the North Pole, 1973 118’ USA) dir.: Robert Aldrich
17 Meu Idaho privado (My Own Private Idaho, 1991 104’ USA) dir.: Gus Van Sant
24 Estación do Norte (Gare du Nord, 2013 119’ Francia-Canadá) dir.: Claire Simon
OUTUBRO
02 Home sen fronteiras (The Hired Hand, 1971 90’ USA) dir.: Peter Fonda
09 Antes do atardecer (Before Sunset, 2004 80’ USA) dir.: Richard Linklater
16 Alicia nas cidades (Alice in den Städten, 1974 110’ RFA) dir.: Wim Wenders
23 Pickpocket (Pickpocket, 1959 75’ Francia) dir.: Robert Bresson
30 Relatorio: "Primeiro un pé e logo outro: deambulacións e cinema moderno" Suso Novás (programador)
NOVEMBRO
06 Unha muller sen historia (Abschied von gestern, 1966 88’ RFA) dir.: Alexander Kluge
13 Life Aquatic (The Life Aquatic with Steve Zissou, 2004 119’ USA) dir.: Wes Anderson
20 Carretera asfaltada en dúas direccións (Two-Lane Blacktop, 1971 102’ USA) dir.: Monte Hellman
27 Relatorio: "A deriva e a vagabundaxe no cinema contemporáneo" Jaime Pena Pérez (Xefe de Programación do CGAI, membro do Consello de Redacción de Caiman Cuadernos de Cine, crítico cinematográfico)
DECEMBRO
04 Os valentes andan sós (Lonely Are the Brave, 1962 107’ USA) dir.: David Miller
11 Blow-up: desexo dunha mañá de verán (Blow-up, 1966 111’ RU Italia USA) dir.: Michelangelo Antonioni
18 Punto límite: cero (Vanishing Point, 1971 99’ USA) dir.: Richard C. Sarafian
A entrada é libre ata completar o aforamento. Non é necesario ser estudante universitario para acceder ás proxeccións.