Baobab Teatro acada o premio ao mellor espectáculo infantil na Feira de Teatro de Castela e León
Por Redacción
A montaxe 'Luppo' da compañía teatral pontevedresa Baobab Teatro logrou o premio ao mellor espectáculo infantil na Feira de Teatro de Castela e León que se celebrou durante os últimos días en Cidade Rodrigo.
Esta obra, que foi estreada na pasada edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, trata o ciclo da vida, do apego cara ás persoas que nos rodean, en particular cara aos nosos maiores, e da importancia das historias que construímos ao longo da vida.
A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, trasladou as súas felicitacións á compañía que lidera a actriz Andrea Bayer por este galardón que sitúa esta montaxe entre os mellores realizados na Península durante este ano destinado ao público infantil.
Relacionadas:
-
Baobab Teatro, seleccionada entre mil compañías para a XX Feira de Teatro de Castilla y León
Por Redacción |
-
Baobab, unha entre mil na XVIII Feira de Teatro de Castilla y León
Por Redacción |
-
Baobab estrea con éxito "Luppo", o seu novo espectáculo, no Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Redacción & Mónica Patxot |