O rock toma Combarro
Por Cristina Saiz
Os diplomáticos de Monte Alto, Familia Caamagno, Recambios Tucho e Leo I Arremaghona. Da súa man, e coa complicidade do público, o rock tomou a Praza da Chousa de Combarro na noite deste venres.
O Armadiña Rock chegaba á súa sétima edición máis forte que nunca e cunha proxección crecente. E non decepcionou. O público non causou grandes aglomeracións, pero si encheu o recinto e vibrou coas propostas musicais ofredidas polos catro grupos do cartel.
O festival, que este ano incorporou un himno oficial composto polos Diplomáticos de Monte Alto, confirmou na edición 2015 que se está a afianzar e empeza a converterse en cita imprescindible no calendario de festivais do verán galego.
A explosión roqueira quegó a partir das 22.30 horas, pero Combarro xa quentara motores ao o longo de toda a tarde da man do Armadiña Kids. Ademais, o ambiente festivaleiro viviuse dende varias horas antes na zona de acampada disposta pola organización para os que optaron por vivir máis a fondo o Armadiña.
Relacionadas:
-
Satisfacción no goberno local polos datos da XV Festa do Mar
Por Redacción |
-
Empeza a Festa do Mar en Combarro, "vila mariñeira e rockeira"
Por Cristina Saiz |
-
Os vellos rockeiros tamén foron nenos
Por Redacción |
-
Rock e ecoloxía van da man aos concertos do Armadiña
Por Redacción |
-
Os Diplomáticos de Monte Alto, cabeza de cartel do Armadiña Rock 2015
Por Redacción |