Remata o ciclo de monicreques de verán en Bueu con 'Barriga Verde'
Por Redacción
A compañía Viravolta foi unha das primeiras compañías en recuperar esta arte que Barriga Verde deixou como legado cando desapareceu en 1960 tras investigar o teatro popular e as técnicas monicrequeiras. A súa experiencia serviu para que os monicreques regresasen á rúa.
Barriga Verde xurdiu como un dos moitos personaxes de monicreques creados polo extraordinario talento de José Silvent Martínez para o espectáculo que representaba no seu teatro ambulante, durante a primeira metade do século XX. A popularidade que logrou este personaxe produciu un fenómeno metonímico polo que José Silvent pasou a ser coñecido como Barriga Verde.
A compañía Viravolta ofrece o último espectáculo do ciclo de marionetas de verán coa posta en escena de 'Barriga Verde'. Será este martes 11 a partir das 21.00 horas na Praza Massó. En caso de chuvia, a montaxe trasladarase ao Centro Social do Mar.