Os medios de locomoción paran en Lérez
Por Cristina Saiz
O Mosteiro de Lérez recibiu no seu adro a un autobús clásico na presentación da exposición denominada 'Lérez e os medios de locomoción', que se inaugurou na mañá deste mércores 5 nas dependencias do mosteiro.
As persoas que se achegaron por esta mostra puideron gozar da mostra de máis de 200 imaxes relacionadas coa parroquia pontevedresa. As fotografías recollen o percorrido ao longo do tempo relacionado cos medios de transporte, dende o carro das piñas ata o aeroplano. Desta forma pódense ver imaxes de animais de monta e carga, carros do país, bicicletas, motocarros, os primeiros turismos, camións, furgonetas, tranvías, trolebúses, trens, barcos e avións.
Esta exposición, organizada pola asociación Cedofeita, permanecerá aberta ata o domingo 9 de agosto e pódese visitar de 11.00 a 14.00 e de 19.00 a 22.00 horas. Á inauguración acudiu o concelleiro Demetrio Gómez, entre outros membros da corporación.